Hai pouco, nun enterro, xuntáronse un de Láncara, un do Corgo e un do Páramo. Escoitando o que por alí se dicía, e falando, falando fixéronse esta pregunta:
Que che gustaría que dixesen de ti no teu velorio?
O de Láncara dixo que lle gustaría que dixesen:
“Foi moi bo home. E moi traballador. Un gran pai e marido.”
O do Corgo dixo que lle gustaría que dixesen:
“Foi un gran gandeiro. Tivo a mellor explotación de todo o Concello e da provincia de Lugo”
E do Páramo dixo que lle gustaría que dixesen:
"Carallo ! Estase movendo!"
0 Responses to “Os velorios”
Leave a Reply